Guitarra eléctica e acústica
Traballaranse os diferentes recursos técnicos e teóricos que definen os diversos estilos da música moderna; rock, pop, blues, metal, etc. Concretando nos recursos dos guitarristas e bandas máis representativas destes xéneros.
Tamén haberá a posibilidade de estudar estilos máis tradicionais, nos cales, a guitarra ten un papel protagonista.
Tamén haberá a posibilidade de estudar estilos máis tradicionais, nos cales, a guitarra ten un papel protagonista.
Linguaxe Musical
Traballarase e fomentarase o desenvolvemento das capacidades rítmicas, auditivas, vocais e expresivas da persoa, importantes para o crecemento das súas aptitudes musicais.
De tal maneira, proponse integrar os aspectos teóricos e prácticos segundo os distintos niveis dunha forma completamente optimizada e directa.
Enfocarémonos en aplícación práctica máis inmediata dos distintos aspectos da linguaxe musical que permitan ao alumnado sacar o máximo beneficio.
Debuxo e Pintura
Aprenderemos a coñecer os trazos básicos para realizar un bosquexo previo, o perfeccionaminto e sombreado do debuxo, así como as diferentes técnicas existentes.
En pintura coñeceremos a gama cromática e como mesturar as cores, así como as diferentes técnicas segundo as inquietudes do alumno.
En pintura coñeceremos a gama cromática e como mesturar as cores, así como as diferentes técnicas segundo as inquietudes do alumno.
Piano e teclado
Abordaremos contidos musicais sobre variados temas e rexistros, ofrecendo un amplo xogo de recursos técnicos e interpretativos.
Clases versátiles onde creatividade e funcionalidade son as bases da metodoloxía utilizada, así como a posibilidade de introducir musicalmente o inglés como idioma complementario.
Clases versátiles onde creatividade e funcionalidade son as bases da metodoloxía utilizada, así como a posibilidade de introducir musicalmente o inglés como idioma complementario.
Música e Movemento
Abarcaremos infinidade de temas, aspectos e contidos musicais dirixidos a cultivar a expresividade e a coordinación dos máis pequenos dentro do marabilloso mundo da música, a través de actividades que aporten coñecementos, sempre de forma amena e divertida, introducindo xogos musicais idiomáticos (inglés como idioma compleme ntario).
Favorecendo aspectos como o desenvolvemento emocional e afectivo, fomentando as relacións sociais e estimulando o sentido do oído, a aprendizaxe e a memoria.
Favorecendo aspectos como o desenvolvemento emocional e afectivo, fomentando as relacións sociais e estimulando o sentido do oído, a aprendizaxe e a memoria.
Manualidades
A través de diferentes técnicas e recursos, abarcaranse diversos tipos de manualidades que servirán para fomentar e desenvolver a creatividade persoal do alumno.
Ademais, traballaremos a reciclaxe e reutilización de materiais e obxectos cotiáns aos que se lle dará unha nova vida.
Ademais, traballaremos a reciclaxe e reutilización de materiais e obxectos cotiáns aos que se lle dará unha nova vida.
Violín
Traballarase dende a iniciación ao instrumento, comezando por unha posición adecuada para tocar, ata as diferentes dificultades técnicas.
Abordaremos diferentes estilos musicais adecuándonos ás preferencias de cada alumno.
Coñeceremos, dunha maneira entretida, a diferentes representantes do mundo do violín, desde a antigüedade ata hoxe en día.

Teatro
Traballaremos corpo, voz e emoción para a creación de personaxes, completando a formación con movemento e expresión corporal, o traballo da voz e o estudo das emocións.
Ademais, faremos un traballo textual profundo e un achegamento á historia do teatro.
Ademais, faremos un traballo textual profundo e un achegamento á historia do teatro.
Fotografía dixital
Aprenderemos as técnicas relacionadas coa fotografía dixital e as distintas partes que compoñen unha cámara.
Tamén analizaremos os factores e aspectos que inflúen á hora de capturar a imaxe e coñeceremos os programas de edición fotográfica vencellados á edición da fotografía dixital.
Tamén analizaremos os factores e aspectos que inflúen á hora de capturar a imaxe e coñeceremos os programas de edición fotográfica vencellados á edición da fotografía dixital.
Canto coral temático
Innovaremos introducindo novos enfoques que complementen esta disciplina, onde ademais de ser a voz a protagonista, profundizaremos no coñecemento da historia e orixe dos temas seleccionados para cantar, así como dos distintos momentos socioculturais que rodean aos mesmos.
Unha forma entretida de aprender, máis aló dos aspectos vogais.
Unha forma entretida de aprender, máis aló dos aspectos vogais.
Baile
Ofrecemos a opción de elixir entre diferentes estilos como o baile urbano, danza contemporánea, ballet clásico, sevillanas, bailes latinos e de salón.
A través do baile desenvolveremos valores como a disciplina, a socialización e a autoestima.
A través do baile desenvolveremos valores como a disciplina, a socialización e a autoestima.
Deseño gráfico
Coñeceremos os fundamentos e principios básicos do deseño gráfico e a comunicación visual dunha maneira directa e amena, mediante exercicios prácticos a través do uso e manexo dos programas de edición gráfica máis populares para que o alumno logre desenvolver o seu propio proxecto visual e consiga plasmar o seu concepto ou idea dunha maneira efectiva.