Guitarra eléctica e acústica

Traballaranse os diferentes recursos técnicos e teóricos que definen os diversos estilos da música moderna; rock, pop, blues, metal, etc. Concretando nos recursos dos guitarristas e bandas máis representativas destes xéneros.
Tamén haberá a posibilidade de estudar estilos máis tradicionais, nos cales, a guitarra ten un papel protagonista.

Linguaxe Musical

Traballarase e fomentarase o desenvolvemento das capacidades rítmicas, auditivas, vocais e expresivas da persoa, importantes para o crecemento das súas aptitudes musicais.

De tal maneira, proponse integrar os aspectos teóricos e prácticos segundo os distintos niveis dunha forma completamente optimi­zada e directa.

Enfocarémonos en aplícación práctica máis inmediata dos distintos aspectos da linguaxe musical que permitan ao alumnado sacar o máximo beneficio.

Debuxo e Pintura

Aprenderemos a coñecer os trazos básicos para realizar un bosquexo previo, o perfecciona­minto e sombreado do debuxo, así como as diferentes técnicas existentes.

En pintura coñeceremos a gama cromática e como mesturar as cores, así como as diferentes técnicas segundo as inquietudes do alumno.

Piano e teclado

Abordaremos contidos musicais sobre variados temas e rexistros, ofrecendo un amplo xogo de recursos técnicos e interpre­tativos.
Clases versátiles onde creatividade e funcionalidade son as bases da metodolo­xía utilizada, así como a posibilidade de introducir musicalmente o inglés como idioma complementario.

Música e Movemento

Abarcaremos infinidade de temas, aspectos e contidos musicais dirixidos a cultivar a expresividade e a coordinación dos máis pequenos dentro do marabilloso mundo da música, a través de actividades que apor­ten coñecementos, sempre de forma amena e divertida, introducindo xogos musicais idiomáticos (inglés como idioma comple­me ntario).
Favorecendo aspectos como o desenvolvemento emocional e afectivo, fomentando as relacións sociais e estimulando o sentido do oído, a aprendizaxe e a memoria.

Manualidades

A través de diferentes técnicas e recursos, abarcaranse diversos tipos de manualidades que servirán para fomentar e desenvolver a creatividade persoal do alumno.
Ademais, traballaremos a reciclaxe e reutilización de materiais e obxectos cotiáns aos que se lle dará unha nova vida.

Violín

Traballarase dende a iniciación ao instrumento, comezando por unha posición adecuada para tocar, ata as diferentes dificultades técnicas.
Abordaremos diferentes estilos musicais adecuándonos ás preferencias de cada alumno.
Coñeceremos, dunha maneira entretida, a diferentes represen­tantes do mundo do violín, desde a antigüe­dade ata hoxe en día.

Teatro

Traballaremos corpo, voz e emoción para a creación de personaxes, completando a forma­ción con movemento e expresión corporal, o traballo da voz e o estudo das emocións.
Ademais, faremos un traballo textual profundo e un achegamento á historia do teatro.

Fotografía dixital

Aprenderemos as técnicas relacionadas coa fotografía dixital e as distintas partes que compoñen unha cámara.
Tamén analizar­emos os factores e aspectos que inflúen á hora de capturar a imaxe e coñeceremos os programas de edición fotográfica vencellados á edición da fotografía dixital.

Canto coral temático

Innovaremos introducindo novos enfoques que complementen esta disciplina, onde ademais de ser a voz a protagonista, profun­dizaremos no coñecemento da historia e orixe dos temas seleccionados para cantar, así como dos distintos momentos socioculturais que rodean aos mesmos.
Unha forma entretida de aprender, máis aló dos aspectos vogais.

Baile

Ofrecemos a opción de elixir entre diferentes estilos como o baile urbano, danza contempo­ránea, ballet clásico, sevillanas, bailes latinos e de salón.
A través do baile desenvolveremos valores como a disciplina, a socialización e a autoestima.

Deseño gráfico

Coñeceremos os fundamentos e principios básicos do deseño gráfico e a comunicación visual dunha maneira directa e amena, mediante exercicios prácticos a través do uso e manexo dos programas de edición gráfica máis populares para que o alumno logre desenvolver o seu propio proxecto visual e consiga plasmar o seu concepto ou idea dunha maneira efectiva.
feader-400x136.jpg
logo-mapa_tcm30-283644.jpg
xunta-galicia-400x136.jpg
igape-400x136.jpg
galicia-400x136.jpg
Este proxecto está cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de desenvolvemento rural para Galicia 2014-2020. O restante 25% correspóndese con cofinanciamiento nacional, asumido ao 7,5% a Administración Xeral do Estado e o 17,5% restante a Xunta de Galicia, mediante colaboración do IGAPE

Please publish modules in offcanvas position.